Búsqueda de Editorial : XERAIS DE GALICIA

21 resultados

  • A CULPA
    MARÍA SOLAR
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda...
    Disponible 24/48 horas

    18,50 €

  • A FERIDA IMAXINARIA
    BERTA DÁVILA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un ac...
    Disponible 24/48 horas

    17,95 €

  • SOMOS UN POBO DE ARTISTAS
    XURXO SOUTO
    O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si amba...
    Disponible 24/48 horas

    17,95 €

  • CICUTA PARA DOUS
    ROCÍO LEIRA
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • ABONDA CON VIVIR
    MONTSE DOPICO
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • XOANIÑA DE DEUS
    ALBA GUZMÁN FALCÓN
    Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado par...
    Disponible 24/48 horas

    15,50 €

  • ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA
    ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ
    O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciñ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • MATERIA
    YOLANDA CASTAÑO
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • A MIÑA AMIGA INVISIBLE
    EDUARDO SANTIAGO
    Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • MORTO DE FAME
    O HEMATOCRÍTICO
    A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa q...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • MIÑOCA E OURIZO
    RAMÓN D. VEIGA
    Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara. E con extra de queixo! ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • A GRUTA DA TORRE
    DÍAZ, ROSALÍA
    Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atop...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    BERTA DÁVILA
    A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era. O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • LUÍSA VILLALTA. MELODÍA DE PALABRAS
    MARÍA CANOSA
    Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de n...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA
    XOSÉ RAMÓN GARCÍA
    A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral qu...
    Disponible 24/48 horas

    55,95 €

  • LUÍSA VILLALTA. ALMA DE VIOLINO
    BEATRIZ MACEDA
    Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria. Nesta biografía ilustrada, mergullamos nalgunhas das palabras e das músicas que ela ceibou ao vento para achegarnos a unha muller tan polifacética como fascinante. ...
    No disponible

    15,50 €

  • DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    SUSO DE TORO
    Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do ...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • TRECE AVISOS
    PAULA CARBALLEIRA
    O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves. ...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • GOLPES DE LUZ
    COSTAS, LEDICIA
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón en...
    Disponible 24/48 horas

    19,50 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YAÑEZ, ANTIA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por...
    Disponible 24/48 horas

    19,50 €

  • OS SERES QUERIDOS (PREMIO XERAIS DE NOVELA 2021)
    DAVILA, BERTA
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familia...
    Disponible 24/48 horas

    17,38 €