Búsqueda de Editorial : OQUELEO

26 resultados

  • O XEITO DAS FROITAS INF JUV18
    REIMONDEZ MEILAN
    Iris é unha rapaza diferente, pouco ten que ver co resto da xente, pero a ela tanto lle ten. A súa relación coas froitas é especial grazas a unha mazá de peluche que cada noite a leva de viaxe. Cando a nai e o pai de Iris perden o traballo, as froitas axúdana a comprender que os cambios poden ser o camiño cara a un novo comezo. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,00 €

  • UNHA MISION PARA CLARA INF JUV18
    CAMPO DOMINGUEZ, Mª PILAR
    Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,35 €

  • OS AMIGUETES DO NICOLASIÑO INF JUV18
    GOSCINNY-SEMPÉ
    No colexio, o Nicolasiño conta con moitos e moi bos amigos, cos que se divirte, compite e pelexa. Alcestes, por exemplo, sempre está comendo; Agnan é o chichí da mestra; Clotario é o último da clase... e xuntos viven acotío sorprendentes aventuras. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,60 €

  • OS PROBLEMAS DO NICOLASIÑO INF JUV18
    GOSCINNY-SEMPÉ
    Nicolás cada día comprende menos os adultos. Por que non entenden que queira comprar cincuenta libras de chocolate de golpe ou que, se ten unha lanterna, é para estar todo o tempo ás escuras e poder alumar con ela? Bo é que conta cos amigos da escola, os mellores cómplices que alguén pode ter. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,60 €

  • A HISTORIA INTERMINABLE OQUELEO JUV17
    ENDE, MICHAEL
    A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreyu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e de Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, para xuntos darlle forma a unha das grandes creacións da literatura d...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • NOITE DE TEMPORAL INF JUV17
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL CARLOS
    A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. As reaccións da tripulación e da pasaxe, e a heroica actuación dos habitantes da costa que acudiron no seu auxilio c...
    Disponible 24/48 horas

    11,55 €

  • NUBE DE NEVE INF JUV17
    PUENTE DOCAMPO, XAVIER
    Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol? ...
    Disponible 24/48 horas

    9,45 €

  • KIBUKO INF JUV17
    ESTEVEZ FERREIRO, JAVIER
    Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan? ...
    Disponible 24/48 horas

    10,35 €

  • A VACA DIXO MUA INF JUV17
    SANCHEZ, GLORIA
    As vogais desapareceron das palabras, dos libros? As persoas non se entenden; por iso, todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada. ...
    Disponible 24/48 horas

    9,45 €

  • O CONTADOR DE ESTRELAS INF JUV17
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI
    Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o ...
    Disponible 24/48 horas

    11,55 €

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO INF JUV17
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    Disponible 24/48 horas

    11,55 €

  • A BRUXIÑA DA SORTE INF JUV17
    BLANCO BLANCO, M. CONCEPCION
    Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, un reloxo espertador cativado polas historias que contan os libros; de Mina, unha bolboreta, única na súa especie, que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, un cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños...
    Disponible 24/48 horas

    10,00 €

  • BRUXA E FAMILIA INF JUV17
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que o queren coñecer. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,00 €

  • AS VACACIONS DO NICOLASIÑO INF JUV17
    GOSCINNY-SEMPÉ
    Nicolás e mais os seus compañeiros sobreviviron ao curso escolar e, ledos, comezan as súas vacacións. Mesmo, contra todo prognóstico, Nicolás foi merecedor dun premio: o da elocuencia. ...
    Disponible en breve

    10,60 €

  • HILARIO E OS TRES MEDOS INF JUV17
    BABARRO GONZALEZ, XOAN
    Medo aos médicos, aos compañeiros? medo a si mesma. Estes son os pesadelos aos que se debe enfrontar Abeba. A tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola vai ser a súa compañeira. E Hilario? que papel desempeña? ...
    Disponible 24/48 horas

    10,35 €

  • O NICOLASIÑO INF JUV17
    GOSCINNY-SEMPÉ
    O Nicolasiño pásao en grande no colexio cos seus amigos Alcestes, Agnan, Eudes, Clotario, Godofredo, Rufo, Xoaquín e Maxencio. Sempre está disposto a armar leas. Pero non todo vai ser felicidade: achégase o día da entrega das notas! ...
    Disponible 24/48 horas

    10,60 €

  • OS RECREOS DO NICOLASIÑO INF JUV17
    GOSCINNY-SEMPÉ
    O son da campá que marca o comezo do recreo é música celestial para Nicolás e os seus amigos. E é que, á fin, poden poñer en práctica todo o que lles pasou pola cabeza durante a clase. No patio do colexio berran, comen bolos, xogan ao fútbol... Todo sería perfecto de non ser polo vixilante, o Caldolimpo! ...
    Disponible 24/48 horas

    10,60 €

  • E XOEL APRENDEU A VOAR INF JUV17
    CAMPO DOMINGUEZ, Mª PILAR
    Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio do Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis conseguen manternos en suspe...
    Disponible 24/48 horas

    10,80 €

  • O BOSQUE PALIDO INF JUV17
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI
    Disponible 24/48 horas

    10,95 €

  • UN BAUL CHEO DE PIRATAS INF JUV17
    ROSSETTI, ANA
    No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro. ...
    Disponible 24/48 horas

    9,45 €

  • DEZ PIRATAS INF JUV17
    SANCHEZ, GLORIA
    Dunha vez eran dez piratas (os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios?), que un día partiron na procura dun tesouro. Pero nesta travesía, un logo do outro, van desaparecendo ata que só queda... ...
    Disponible 24/48 horas

    10,00 €

  • O QUE NUNCA CHE CONTARON INF JUV17
    CANOSA BLANCO, MARIA
    Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito ...
    Disponible 24/48 horas

    10,00 €

  • MATILDA OQUELEO INF JUV17
    DAHL, ROALD
    Matilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,95 €

  • O FERREIRO DA LUA CHEA INF JUV17
    MOLINA, Mª ISABEL
    Malia o noviño que é, Iago de Lavalle domina os segredos da forxa e dos metais, pero oponse ás prácticas supersticiosas do seu gremio: os ferreiros. Como castigo pola súa actitude, obrígano a peregrinar ata Compostela. A aventura, o amor e o perigo son só algúns dos seus compañeiros de viaxe. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,80 €

  • MOMO OQUELEO INF JUV17
    ENDE, MICHAEL
    Unha novela única sobre a importancia da amizade, da bondade e do valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Máxime cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • REBELDES OQUELEO INF JUV17
    HINTON, SUSAN E.
    Ninguén dixo que a vida fora fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten todo controlado. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, os de verdade, sempre dispostos a facer calquera cousa por el. Os socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, aos que el pertence), nunca lles din «non» aos problemas. Pero unha noite alguén leva as co...
    Disponible 24/48 horas

    12,10 €