Búsqueda de Editorial : XERAIS

61 resultados

  • O MISTERIO DO FARO VELLO
    UHÍA, MANOLO
    Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. ...
    Disponible 24/48 horas

    10,50 €

  • NON PARE A FESTA
    RAMÓN D. VEIGA
    Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras. ...
    Disponible 24/48 horas

    15,50 €

  • UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA
    TERESA MOURE
    Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñ...
    Consultar disponibilidad

    14,90 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    LEDICIA COSTAS
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    LEDICIA COSTAS
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...
    Disponible 24/48 horas

    14,90 €

  • CAMIÑAR O VIGO VELLO
    PEDRO FEIJOÓ
    De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos -nalgúns casos inéditos a día de hoxe-. Pero en realidade este libro é ou...
    Consultar disponibilidad

    22,50 €

  • O MEU GATO É UN POETA
    FRAN ALONSO
    O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música...
    Consultar disponibilidad

    14,90 €

  • AS DESTERRADAS
    CARME VARELA
    Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir. "As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado en...
    Disponible 24/48 horas

    18,50 €

  • FOLLAS NOVAS
    ROSALÍA DE CASTRO
    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Ta...
    Disponible 24/48 horas

    15,50 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    JACK LONDON
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • O REINO MEDIEVAL DE GALICIA
    XOSÉ MIGUEL ANDRADE CERNADAS
    Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñ...
    Consultar disponibilidad

    18,95 €

  • O LOBO CON BOTAS
    O HEMATOCRÍTICO
    Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran? El Hematocrítico regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e...
    Disponible 24/48 horas

    15,95 €

  • O MEU IRMONO
    O HEMATOCRÍTICO
    Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo. ...
    Consultar disponibilidad

    11,50 €

  • WOLFRAM
    ALBERTO VARELA FERREIRO
    1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de inteli...
    Disponible 24/48 horas

    17,95 €

  • MURIEL
    MARÍA CANOSA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • RAPUNZEL CON PIOLLOS
    O HEMATOCRÍTICO
    Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos... O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Ga...
    Disponible 24/48 horas

    14,50 €

  • MAKINARIA
    CARLOS NEGRO
    Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; u...
    Disponible 24/48 horas

    14,90 €

  • TODOS SOMOS
    MARCOS CALVEIRO
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • RECINTO GRIS
    LEDICIA COSTAS
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes,...
    Consultar disponibilidad

    13,95 €

  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    HÉCTOR CAJARAVILLE
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • CORREDORA
    MARÍA REIMÓNDEZ
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • 22 SEGUNDOS
    EVA MEJUTO
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    Consultar disponibilidad

    13,95 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    EVA MEJUTO
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    Consultar disponibilidad

    13,95 €

  • TRISTES ARMAS
    MARINA MAYORAL
    Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mul...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    MARILAR ALEIXANDRE
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...
    Disponible 24/48 horas

    14,90 €

  • RUBICUNDO
    MARÍA CANOSA
    Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta...
    Disponible 24/48 horas

    12,95 €

  • FEBRE
    HÉCTOR CARRÉ
    Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo ...
    Disponible 24/48 horas

    13,95 €

  • USHA
    MARÍA REIMÓNDEZ
    Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova vis...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    XABIER P. DOCAMPO
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Disponible 24/48 horas

    14,90 €

  • AS FLORES RADIOACTIVAS
    AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigad...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €


01 02 03 »