Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

20 resultados

  • MAKINARIA
    CARLOS NEGRO
    Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; u...
    Disponible 24/48 horas

    14,50 €

  • TODOS SOMOS
    MARCOS CALVEIRO
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...
    Disponible en breve

    13,50 €

  • RECINTO GRIS
    LEDICIA COSTAS
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes,...
    Disponible en breve

    13,50 €

  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    HÉCTOR CAJARAVILLE
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • CORREDORA
    MARÍA REIMÓNDEZ
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    EVA MEJUTO
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    EVA MEJUTO
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • TRISTES ARMAS
    MARINA MAYORAL
    Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mul...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    MARILAR ALEIXANDRE
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...
    Disponible 24/48 horas

    14,50 €

  • FEBRE
    HÉCTOR CARRÉ
    Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo ...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • CARTAS DE AMOR
    FRAN ALONSO
    As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión soci...
    Disponible en breve

    13,50 €

  • SEGREDOS NO SOLPOR
    IRIA MISA
    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fron...
    Disponible en breve

    12,95 €

  • A BANDA SEN FUTURO
    MARILAR ALEIXANDRE
    A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conver...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • AS MEIGAS DE LUPA
    MARÍA SOLAR
    María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a pr...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    IRIA MISA
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a ...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • FÓRA DO NORMAL
    SEIJAS, ANTONIO
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • POETÍZATE
    FRAN ALONSO
    A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para ...
    No disponible

    13,50 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    ÁNXELA LOUREIRO
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración me...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • OS CORPOS INVISIBLES
    EMMA PEDREIRA
    L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unh...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €

  • APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    N / A
    "Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral d...
    Disponible 24/48 horas

    13,50 €